Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigadas dúas persoas en Arbo tras comisar 19 plantas de marihuana

Investigadas dúas persoas en Arbo tras comisar 19 plantas de marihuana

Ambas persoas son investigadas por suposto delito contra a saúde pública, na súa modalidade de cultivo ou elaboración de droga

Garda Civil/Ministerio do Interior Garda Civil/Ministerio do Interior
G24.gal 24/08/2026 14:11

A Garda Civil de Tui investiga dúas persoas pola súa presunta participación nun suposto delito contra a saúde pública, no municipio pontevedrés de Arbo, tras incautarse de 19 plantas de cánnabis.

Segundo informou o Instituto Armado, os axentes tiveron coñecemento en agosto na leira anexa a unha casa hai diferentes plantas de marihuana. Por mor diso, os axentes realizaron diferentes comprobacións e o día 12 presentáronse no domicilio. Alí localizaron o residente, un home de 24 anos, ao que lle explicaron o caso e manifestaron que as plantas eran da súa propiedade.

O home detallou que as cultivaba para o seu consumo e que desexaba facer entrega voluntaria das mesmas que ten na leira lindeira ao seu domicilio, permitindo a entrada dos axentes actuantes. Unha vez no interior, os axentes procederon a cortar 15 plantas de tamaño grande de entre 150 e 250 centímetros de marihuana, procedendo á súa intervención e posterior traslado a dependencias oficiais do acuartelamento de Arbo.

O propietario foi citado en calidade de investigado non detido, pola súa presunta participación nun suposto delito contra a saúde pública, na súa modalidade de cultivo ou elaboración de droga.

Intervidas catro plantas a unha muller

Por outra banda, os axentes, tamén en Arbo, localizaron catro plantas de marihuana e buscaron a propietaria, unha muller de 22 anos, nacida nas Neves. A moza indicou que dúas das plantas eran da súa propiedade e outras dúas do seu mozo, que as cultivaban para o seu consumo e que queren entregalas voluntariamente.

Os axentes accederon ao interior da leira e cortaron catro plantas de tamaño pequeno, entre 50 e 100 centímetros. Así mesmo, procederon a intervilas e trasladalas a dependencias oficiais do acuartelamento, as cales permanecen nesa unidade ata a súa entrega, para a súa análise en dependencias de sanidade exterior en Vigo.

A moza foi citada en calidade de investigada non detida pola súa presunta participación nun suposto delito contra a saúde pública, na súa modalidade de cultivo ou elaboración de droga. Todas as dilixencias foron entregadas no Tribunal de Ponteareas en funcións de garda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade