O gol de Auba e o debut de Yeremay, o máis destacado do Dépor na Rosaleda (1-1)
Segundo empate do Dépor e segundo gol de Aubameyang
Yeremay Hernández debutou en primeira división no minuto 73
Foi o Deportivo da Coruña de máis a menos na Rosaleda. O mellor do equipo de Antonio Hidalgo volveu ser Aubameyang, que abriu o marcador no minuto 21 cunha boa xogada dentro da área que deixa no chan ao porteiro malagueño Herrero. Eses primeiros 20 minutos foron os mellores do Dépor, que despois do gol deixou de controlar o partido. Así chegou o empate uns minutos despois. Noubi mete a perna dentro da área ante Rafita, que se deixa caer. Penalti para o Málaga que transforma Chupe para poñer o empate.
Desde o gol local e xa na segunda parte, o Málaga tivo o control do partido e a piques estivo de meter o segundo Chupe, logo dun erro de Villares. O Dépor, sen argumentos ofensivos, xogou a manter o empate e defender. O máis destacado do segundo tempo foi de novo Aubameyang, que puido marcar o segundo nun saque de banda; e Yeremay, que volveu xogar co Dépor, por primeira vez en primeira división. O canario a piques estivo de marcar nun centro que se envelenou no 82.
Segue sumando o Dépor en primeira, dous empates e algunhas luces do equipo de Antonio Hidalgo.