Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña pide desculpas polo comportamento ao final do partido do Zaragoza

O Leyma Coruña pide desculpas polo comportamento ao final do partido do Zaragoza

O capitán Guillem Jou atendeu á Televisión de Galicia e recoñeceu que o comportamento dos xogadores non fora o axeitado despois da derrota

Este domingo terán unha oportunidade para recuperar a imaxe na pista do Xirona (domingo, 12:00 horas, TVG)

G24.gal 15/10/2026 12:04

Un dos capitáns do Leyma Básquet Coruña, Guillem Jou, quixo saír en primeira persoa a recoñecer que o comportamento do equipo no último partido que xogou na casa -derrota contundente contra o Zaragoza- non fora o axeitado. Jou pediu desculpas á afección e asegurou que "non volverá acontecer" o feito de non recoñecerlle ao público o apoio ao longo do partido. 

"Non soubemos moi ben como actuar. Temos que aprender para o futuro" recoñeceu o capitán á Televisión de Galicia. Jou quere deixar atrás o mal partido que xogou o seu equipo e centrarse no compromiso do domingo contra o FIATC Xirona. O partido diante do equipo de Moncho Fernández poderá verse pola TVG o domingo ás 12:00 horas cos dous equipos igualados no balance de vitorias e derrotas (1-2). 

Será un partido moi especial para Guillem Jou, que xogou ata 2013 nas categorías inferiores do Sant Josep de Xirona. Jou é da veciña Llagostera e foi seareiro do rival do domingo cando era un cativo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade