O Leyma Coruña non pode cun Zaragoza moi superior (71-92)
É a segunda derrota dos coruñeses, primeira no Coliseum
O Casademont Zaragoza pouco se parece ao que o ano apasado estivo a piques de perder a categoría. Amosou todo ese potencial na Coruña, diante dun Leyma que colapsou por completo. Primeiro en ataque, pois o rival pechoulle os camiños ao aro e só lle quedou buscar triplas con nulo acerto.
E tamén en defensa co xogo que inicou unha e outra vez o equipo maño no bloqueo directo. Atopou axiña os tiros liberados e neste caso cunha porcentaxe diametralmente aposta. Observen o dato no inicio do terceiro cuarto, cando o Zaragoza gañaba por 30. 91 por cento de acerto nas triplas para os visitantes, 13 por cento para os galegos cun 3 de 24 pavoroso.
Só Tomas Dimsa parecia ter certa claraidade de ideas. Con ese menos 30 chegou ao fin a reacción do Leyma. 10-0 de parcial. Despistes do Zaragoza e boa actividade de xogadores como Jacobo Díaz para chegar ao último cuarto nunha situación menos lesiva.
A tenacidade dos laranxas permitiulles colocarse a 15 puntos. E aya aí. O Zaragoza , da man de Caleb Homersley, non deu máis opción. Jaworski, acostumando a non fallar nos intres finais, puxo o ramo a un partido no o Leyma foi claramente inferior. Derrota a aprendizaxe para futuras citas.