Renfe prepara a súa chegada a Portugal para competir na alta velocidade
A compañía iniciou a homologación dos seus trens Talgo 106 e 107 para operar no país
Renfe
Renfe iniciou o proceso para homologar os seus trens de alta velocidade en Portugal co obxectivo de operar no país, segundo avazou o ministro de Transporte e Mobilidade Sostible, Óscar Puente.
A compañía busca homologar os modelos Talgo 106 e 107, adaptables á rede ferroviaria portuguesa, parte da cal utiliza o mesmo ancho ibérico que España.
O movemento supón un cambio na estratexia internaional de Renfe, que ata agora apostaba por ampliar a súa presenza en Francia, onde as trabas regulatorias dificultaron a súa expansión.
Puente destacou que Portugal se atopa ás portas de desenvolver a súa rede de alta velocidade e reiterou o compromiso do Goberno de ter listas en 2030 as conexións ferroviarias trasnfronteirizas.
Renfe segue á espera da serie 107, que acumulan dous anos de atraso. O ministro non adiantou se haberá novas multas a Talgo e asegurou que se analizará a situación unha vez que se produza a entrega.