Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rosal tamén inicia a vendima, que agardan de gran cantidade e calidade

O Rosal tamén inicia a vendima, que agardan de gran cantidade e calidade

A calor e as óptimas condicións climatolóxicas adiantaron a campaña 15 días ou máis

G24.gal 18/08/2026 14:12

A calor deste ano propiciou que os ciclos da uva fosen case perfectos. No concello de Tomiño subzona do Rosal, hoxe 18 de agosto comezaron a apañar a uva.

O ano foi redondo para as adegas das Rías Baixas coas condicións climáticas a favor. Isto implicou que esteamos na vendima máis temperá da nosa historia. A colleita vai ser voluminosa e terá gran calidade. 

En Santiago Ruíz vendimarán preto de cincuenta e dúas hectáreas, este martes hai vinte operarios, pero haberá xornadas en que serán o dobre. Aquí cultívanse as cinco variedades típicas de Galicia: albariña, caíño branco, treixadura, e godello por iso esta vendima comeza hoxe e poderáse prolongar ata finais de setembro, xa que cada uva ten o seu tempo. 

Nos últimos tempos as adegas están a ter problemas para atopar persoal. A vendima xa comezou a semana pasada en Valdeorras e en Rías Baixas e tamén en Pontevedra as adegas que fan escumosos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade