Publicador de contidos

Publicador de contidos

A volta do Dépor á Primeira terá un impacto económico de arredor de 4 millóns de euros

A volta do Dépor á Primeira terá un impacto económico de arredor de 4 millóns de euros

Hostalería, comercio e servizos prevén xerar novos postos de traballo esta tempada

G24.gal 18/08/2026 14:59

A volta á liga de Primeira chega coa Coruña en plena tempada de agosto.

"Vimos a Primeira División a gañar cousas. unha delas recuperar o lugar que lle corresponde a esta cidade", asegura Javier Pastorizo, presidente da Area Comercial Obelisco.

O primeiro impacto económico ven do propio Club que vai triplicar os ingresos por dereitos televisivos, publicidade e abonos. Participar na Liga de Primeira é a mellora campaña de publicidade para a cidade.

"Ímonos ir dando de conta durante o ano do importante que é que o Dépor estea en Primeira. Aos hoteis coincídenos no nomento en que baixa a ocupación por tanto vennos axudar moito", explica Agustín Collazos, presidente de Hospeco.

Hoteis, comercio, hostalería, e tamén o sector do transportes e servizos.

"Estamos falando dun fluxo que pode alcanzar as 30.000 persoas cando se enche o estadio. E por tanto reforzamos quendas nos horarios de entrada e saída", di Ricardo Villamisar de Teletaxi.

Reforzos de persoal que vai ter un impacto directo na contratación en determinados sectores.

"Non se vai producir esa diminución de traballo. É unha das posibiliaes de desestacionalización", asegura Agustín Collazos, presidente de Hospeco.

Os primeiros cálculos cifran o impacto económico por riba dos catro millóns de euros na cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade