Cargando resultados...
Antonio Hidalgo, renovado ata 2028 como adestrador deportivista
O técnico do ascenso será o encargado de manter ao club na máxima categoría
Chegou a temporada pasada procedente da SD Huesca
G24.gal
13/08/2026 20:25
Antonio Hidalgo chegaba a pasada temporada procedente da SD Huesca co obxectivo de devolver ao Deportivo á primeira división. Obxectivo conseguido. Agora o club aposta pola continuidade do técnico catalán ata 2028, agora aposta "pola estabilidade e a consolidación dun proxecto que continúa medrando e que permitiu ao Dépor recuperar o seu sitio entre os mellores", destacaban nun comunicado.