A folga convocada polo Sindicato Ferroviario apenas ten incidencia na operación saída
En Galicia non a secundou neste 31 de xullo ningún traballador
Renfe cifrou o seguimento a nivel estatal nun 1%
Houbo moita trasfega de viaxeiros hoxe nas estacións galegas onde, aos usuarios habituais, se sumaron os desprazamentos de turistas e os que comezan ou rematan vacacións. Para a maioría, unha xornada de normalidade. Malia a folga convocada, os que tiñan reserva sabían de antemán se o se tren entraba nos servizos mínimos, que foron establecidos nun 65 % en media distancia en hora punta e nun 73 % no AVE.
Estaban convocados interventores e maquinistas, pero en Galicia ningún traballador secundou a folga nin na quenda de noite nin na de mañá.
A terceira xornada de protesta, apoiada só polo Sindicato Ferroviario polas deficiencias nos sistemas de climatización, tivo tamén a nivel estatal unha resposta escasa. Aínda menor que dúas as anteriores, que xa quedaran por baixo dun 2 %. Ata a mediodía do 31 de xullo, dos 662 trens que poderían verse afactados, foron cancelados 5: Madrid, Figueres, Alacant, Valencia e Sevilla. Os pasaxeiros foron recolocados.