Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reforman a pasarela de acceso á fervenza do Ézaro

Reforman a pasarela de acceso á fervenza do Ézaro

Proxectouse un trazado máis elevado para evitar que as enchentes do río a estraguen

A obra ten un orzamento de 200.000 euros e está previsto inaugurala a primeiros de xullo

O novo tramo de 60 metros irá sobre unha cota máis elevada para evitar as enchentes do río
G24.gal 19/06/2026 15:03

Non é a primeira vez que a pasarela de madeira que dá acceso á fervenza do Ézaro queda parcialmente estragada, sucede cando o Xallas leva moita enchente. A última foi en novembro do 24.

"Foi este tramo de aquí que foron aproximadamente uns 30 metros. Entón agora o que pretendemos é por unha cota máis alta acceder a esta bancada que agora mesmo está illada e pretendemos vir aproximadamente por aquí, por unha cota elevada chegar atrás e chegar a unha bancada", explica sobre o plano Manuel Barreira, técnico do Concello de Dumbría e director de obra.

Serán en total 60 metros de pasarela nova

"Non é un terreo, digamos horizontal e temos que buscar os puntos de ancoraxe nas rochas e temos que adaptarnos loxicamente ao terreo. Iso é o máis complicado da obra", engade.

A pasarela orixinal é do 2008, e dende entón son milleiros as persoas que a transitan durante o día, pero tamén nas noites de verán para ver o espectáculo de luz e son.

 "Unha noite aquí poden pasar nesas dúas horas tranquilamente 4.000, 5.000 persoas", apunta David Carreira, concelleiro de Obras.

Cun orzamento de 200.000 euros financiado por dúas empresas enerxéticas que operan no concello, está previsto que a pasarela se inaugure dentro de dúas semanas.

"A ver se a temos lista para primeiros de xullo e a gozar como vedes desta marabilla", conclúe David.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade