Aprobado o trazado da A-74 entre O Carme e Barreiros
O Ministerio de Transportes dá luz verde ao proxecto, cun investimento de 123,6 millóns de euros para conectar A Mariña coa A-8
O Ministerio de Transportes aprobou o expediente de información pública e o proxecto de trazado da autovía A-74 entre O Carme e Barreiros, na Mariña lucense. A actuación contará cun investimento estimado de 123,6 millóns de euros.
O novo tramo, de 6,57 quilómetros dará continuidade á futura A-74 e permititá conectar a comarca coa Autovía do Cantabrico (A-8) en Barreiros, mellorando as comunicacións e ofrecendo unha alternativa á estada N-642.
Segundo o proxecto, a infraestructura incluirá tres viadutos de dobre calzada, dous pasos superiores, catro inferiores e varios elementos destinados a garantir a seguridade e a permeabilidade do trazado.
As obras prevén tamén a construcción dun semienlace no Carme e dun enlace en Espiñeira para facilitar as conexións coa rede viaria da zona.
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, cualificou a aprobación do trazado como "un paso decisivo" para facer realidade unha infraestrutura "estratéxica e largamente demandada" na comarca. "Cando hai vontade política, os proxectos avanzan e os compromisos cúmprense", asegurou.