Publicador de contidos

Publicador de contidos

A néboa obrigou a cortar por completo a circulación na A-8

A néboa obrigou a cortar por completo a circulación na A-8

Afectou o treito do alto do Fiouco, entre Mondoñedo e Abadín

Foron habilitados desvíos alternativos a través da estrada Nacional 634, debidamente sinalizados

Imaxe das cámaras da DXT na zona afectada Imaxe das cámaras da DXT na zona afectada
G24.gal 28/04/2026 16:00

O tráfico quedou cortado por completo este martes durante algo máis dunha hora na Autovía do Cantábrico (A-8), en ambos os sentidos da circulación, entre os municipios lucenses de Mondoñedo e Abadín, como consecuencia dos densos bancos de néboa que dificultaron a visibilidade e condicionaban a seguridade dos propios usuarios.

O tráfico quedou interrompido á primeira hora desta tarde no alto do Fiouco, por motivos de seguridade. O corte produciuse ás 14.30 horas, concretamente entre os quilómetros 536 e 552, como consecuencia da visibilidade reducida nese tramo de autovía. As 16 horas os vehículos puideron circular de novo con normalidade.

Segundo a información facilitada a EFE polo Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, foron habilitados desvíos alternativos a través da estrada Nacional 634, debidamente sinalizados.

Os problemas coa néboa nese punto da Autovía do Cantábrico son recorrentes.

Tras experimentar con varios prototipos sobre o terreo, un sistema que guiará aos condutores mediante raios láser é a solución pola que se decantou o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) para facilitar a condución polo Alto do Fiouco, entre Mondoñedo e Abadín, na Autovía do Cantábrico (A-8), en situacións de visibilidade reducida.

Ademais, un sistema de balizas intelixentes instalado pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) comezou a funcionar en xaneiro de 2022 nese tramo da autovía, co obxectivo de reducir nun 78 % o tempo que ten que permanece pechada esa parte do trazado como consecuencia da néboa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade