Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recuperan o corpo falecido dunha persoa no río Támega en Verín

Recuperan o corpo falecido dunha persoa no río Támega en Verín

O falecemento produciuse na zona da praia fluvial

G24.gal 19/06/2026 14:44

Unha persoa faleceu este venres afogada no río Támega, en Verín. O aviso aos servizos de emerxencia chegou pouco despois das 13:00, sinalando como o lugar do incidente a zona da praia fluvial desta vila ourensá.

Rapidamente, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informaron aos Bombeiros de Xinzo de Limia, ao GES de Laza e ao de Muíños, á Garda Civil, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín.

Unha vez alí, o corpo da vítima puido ser rescatado entre a dotación de bombeiros e os membros do GES de Laza, sen que non se puidese facer nada para evitar o seu falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade