Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha persoa na praia de San Xurxo en Ferrol

Falece unha persoa na praia de San Xurxo en Ferrol

Os servizos de emerxencias trataron de salvarlle a vida, porén só puideron confirmar o seu falecemento

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 06/09/2026 18:58

Un bañista morreu afogado esta tarde na praia de San Xurxo, en Ferrol.

O 112 Galicia foi coñecedor do suceso a través dos socorristas da praia de San Xurxo, minutos antes das 18:00 horas.

Durante a súa comunicación explicaron que había unha persoa aboiando no mar, a uns 50 metros da praia.

Con esta información, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Nacional e da Local, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ferrol.

Logo de que a persoa fora rescatada da auga, os servizos se emerxencias trataron de salvarlle a vida, porén só puideron confirmar o seu falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade