O avance nas obras e a AG/AG-59 obriga a cortar a AC-241 en Teo
As obras deste tramo de autovía permitirán habilitar 3,5 novos quilómetros
O corte comezará este luns e alongarase dúas semanas e media
O avance nas obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada (AG/AG-59) obrigará ao corte de tráfico da estrada AC-241, á altura do punto quilométrico 3, ao seu paso por Vilar, no municipio de Teo, a partir do luns.
Alí executaranse os traballos necesarios para terminar a ligazón da AC-241, polo que o corte comezará o luns e alongarase dúas semanas e media a través dun itinerario alternativo que estará sinalizado.
As obras deste tramo de autovía permitirán habilitar 3,5 novos quilómetros da AG/AG-59.
En paralelo, a Xunta ten tamén en marcha a actuación da nova e última fase desta autovía, entre Pontevea e O Rollo, de 4 quilómetros.
Unha vez terminados o 7,5 km da prolongación desta autovía, libre de peaxe, os tempos de viaxe entre Santiago de Compostela e A Estrada reduciranse a 10 minutos, alén de mellorar a seguridade viaria, tras un investimento global de máis de 67 millóns de euros, sinala a Xunta nun comunicado.