As obras da A-52 causan retencións en plena operación saída
As acumulacións de vehílculos e a circulación lenta oscilan entre os dous e cinco quilómetros, dependendo do lugar
Tráfico intenso esta fin de semana na A-52 e con dous puntos de retencións por mor das obras
As obras de mellora que se están realizando na autovía das Rías Baixas (A-52) están a causar retencións en ambos os sentidos durante este sábado, coincidindo coa operación saída do mes de agosto. As acumulacións e vehílculos e a circulación lenta oscilan entre os dous e cinco quilómetros, dependendo do lugar.
Segundo informou a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), as obras estanse a realizar en dous treitos. Un deles é a entrada a Galicia polo municipio ourensán da Mezquita, desde a parroquia da Canda, que se corresponde co quilómetro 111; neste punto as retencións son de entre catro e cinco quilómetros.
No punto quilométrico 273, á altura da Caniza (Pontevedra), as acumulacións de vehículos esténdense durante dous e tres quilómetros. A acumulación de vehículos nestes puntos dase a diario e durante esta fin de semana está a ser mais de intensa debido ao o aumento do número de desprazamentos; DXT espera un total de 5,6 millóns de desprazamentos en toda España.