Cúmprense 25 anos do remate da autovía A-6 en Galicia
O 30 de xullo de 2001 por vez primeira foi posible ir da Coruña a Pedrafita todo por autovía
O 30 de xullo de fai 25 anos remataban as obras do tramo da A-6 en Galicia. Aquel día de 2001 os galegos puidemos ir dende A Coruña ata Pedrafita sen ter que saír da autovía e continuar pola mesma vía pola meseta cara a Madrid.
A A-6 rematou co histórico illamento de Galicia, cambiando radicalmente a conexión coa meseta. Notárono as empresas, que xa podían competir mellor ao reducir os tempos de viaxe e os custos. E tamén aumentou a seguridade viaria. Evitando o perigoso porto de montaña de Pedrafita pola nacional VI en pleno inverno.
A outra cara foi que esas vilas históricas de paso, como Pedrafita ou Becerreá, quedaron esquecidas pola maioría e pecharon moitos negocios.
A-6 tamén foi un fito de enxeñería: o tramo de montaña entre Lugo e León foi unha das obras máis complicadas do seu momento e algún quilómetro superou os 11 millóns de euros.
A dureza do terreo manifestouse ao longo do tempo. O exemplo máis claro: a derruba do viaduto do Castro hai catro anos. Os traballos de conservación da vía fanse necesarios cada pouco. O ano pasado modernizaron os túneles. E agora hai obras para mellorar o firme nun treito de case 80 quilómetros entre Lugo e León.