Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extinguido o incendio de Taboada e controlados os de Monfero e Ourol

Extinguido o incendio de Taboada e controlados os de Monfero e Ourol

Os tres lumes suman 106 hectáreas calcinadas, segundo informou Medio Rural 

Terreo calcinado en Monfero. TVG. Terreo calcinado en Monfero. TVG.
G24.gal 30/07/2026 15:23

O incendio do Concello de Taboada, en Lugo, que se iniciou ás 16.44 do martes na parroquia de Insua, deuse por extinguido este xoves ás 19:40 horas tras calcinar 46,63 hectáreas. En concreto, 41,1 hectáreas de monte arboredo e 5,53 de monte raso.

Na extinción traballaron 5 técnicos, 16 axentes, 32 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 8 helicópteros e 6 avións.

Controlados os incendios de Monfero e Ourol 

O de Monfero, na Coruña, rexistrouse o mércores ás 14.26 na parroquia de Ou Alto do Xestoso e  quedou controlado ás 22:22 horas. Segundo as estimacións provisionais afecta a unha superficie de 30 hectáreas, parte dela no municipio veciño de Guitiriz (Lugo).

Ata o momento, para a súa extinción desprazáronse 1 técnico, 16 axentes, 20 brigadas, 15 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 4 avións.

O de Ourol foi declarado preto do mediodía do mércores, ás 13:35 horas na parroquia de Merille. Ata alí mobilizáronse 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.

Segundo a información de Medio Rural, que só inclúe os focos que alcanzan polo menos 20 hectáreas ou afectan a espazos protexidos, ás 13:36 deste xoves quedou controlado este lume que queimou unhas 30 hectáreas.

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade