Cortada a A-6 en Baralla polo accidente dun camión que transportaba reses
O vehículo pesado envorcou e obrigou a cortar un dos carrís da autovía
O camión quedou practicamente suspendido e algunhas das vacas que viaxaban no interior precipitáronse polo terraplén
A autovía do Noroeste (A-6) permanece cortada ao tráfico en sentido Madrid, á altura do quilómetro 464, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, despois de que envocara un camión que transportaba reses.
Segundo a información facilitada polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE), o vehículo quedou practicamente suspendido, en equilibrio sobre o bordo da autovía, o calpropiciou que algunhas das vacas que transportaba se precipitasen por un terraplén.
Os servizos desprazados tentan estabilizar o vehículo para evitar que outros animais que aínda estaban no remolque do tráiler corran a mesma sorte.
O accidente provocou retencións na autovía debido ao corte dun dos carrís. A DXT ten habilitados desvíos de circulación.
📢ℹ️Desvíos de la circulación habilitados:
— Dir. Gral. Tráfico (@DGTes) July 23, 2026
➡️Sentido Madrid, entre los P.K 469 al 461.
➡️Sentido A Coruña, por el tramo de obras. pic.twitter.com/u7NUjrdyYY
Ata o lugar foron mobilizados efectivos do Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Sarria e persoal de mantemento da estrada.