Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan dez menores en Cambados polo incendio dun vehículo e un roubo nun taller

Investigan dez menores en Cambados polo incendio dun vehículo e un roubo nun taller

Os mozos, de entre 14 e 16 anos, están acusados de varios delitos de danos e roubo 

As dilixencias foron remitidas á Fiscalía de Menores de Pontevedra 

G24.gal 23/07/2026 09:55

A Garda Civil investiga dez menores de entre 14 e 16 anos como presuntos autores de varios delitos de danos e roubo cometidos nas instalacións do taller de emprego municipal de Cambados. Entre os feitos, atribúeselles o incendio intencionadao dun vehículo oficial do Concello e diversos actos vandálicos entre o 19 e o 28 de xuño.

A investigación iniciouse tras as denuncias presentadas polo Concello. Segundo informa a Garda Civil, os menores accederon ao recinto saltando o valdo perimetral e forzando unha porta de acceso ao edificio. No interior cuasaron importantes danos no material informático e subtaeron un teléfono móbil, un teléfono sen fíos, dous trades e varios sombreiros. 

Incendio dun vehículo municipal 

Entre os días 23 e 24 de xuño, os investigados apedraron un vehículo municipal estacionado no recinto e romperon todos os cristais e causaron numerorosos danos na carrozaría. Na noite do 25, o turismo foi incendiado de maneira intencionada e quedou totalmente calcinado. O lume tamén provocou danos nas instalacións municipais.

As pescudas permitiron identificar os presuntos responsables e recuperar parte dos obxectos subtraídos, que xa foron devoltos ao patrimonio municipal. A Garda Civil tamén informou dos feitos ao representantes legais dos menores. 

As dilixencias foron remitidas á Ficalía de Menores de Pontevedra, que contiuará coa tramitación do procedemento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade