Rescatan un traballador que caeu nun pozo de 5 metros no Porto do Son
O operario estivo consciente en todo momento e presentaba lesións nun brazo
Bombeiros de Boiro
Os servizos de emerxencias rescataron un traballador que caeu nun pozo duns cinco metros de profundidade situado no Porto do Son. Segundo o 112 Galicia, o ferido permaneceu consciente en todo momento e presentaba lesións nun brazo.
Foi un compañeiro de traballo do ferido quen alertou a central de emerxencias. Durante a chamada explicou que o seu compañeiro caera ao fondo dun pozo tras romper a tapa. Os feitos sucederon no lugar do Loreto, na parroquia de Noal.
Tras o rescate, foi atendido polo persoal do 061, que acudiu ao momento en ambulancia. No rescate tamén interviñeron a Garda Civil, os Bombeiros de Boiro e Ribeira, o GES de Noia e a Policía Local do Porto do Son.