Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha persoa queda ferida e catro ovellas morren tras o incendio de cinco alpendres en Redondela

Unha persoa queda ferida e catro ovellas morren tras o incendio de cinco alpendres en Redondela

A intervención dos servizos de extinción impediu que as lapas devorasen unha vivenda

G24.gal 20/07/2026 13:14

Unha persoa sufriu queimaduras nun brazo nun incendio en Redondela. No sinistro, morreron catro ovellas. As chamas acabaron calcinando cinco alpendres, dous coches e un motocultor, pero a vivenda salvouse grazas á intervención dos servizos de extinción.

O 112 Galicia recibiu o aviso minutos antes das 03:20 da madrugada deste luns a través dun particular que explicou que ardían uns alpendres próximos á súa vivenda no Camiño do Val do Muíño-Viso, en O Viso (Redondela).

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Porriño e axentes da Garda Civil e da Policía Nacional.

A pasada madrugada outro incendio en Rianxo queimou a campá extractora e os mobles de cociña dun piso situado na rúa de Xosé María Brea Segade. Unha persoa foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade