Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacúan un home en helicóptero tras sufrir un incendio na súa casa da Guarda

Evacúan un home en helicóptero tras sufrir un incendio na súa casa da Guarda

Os equipos de emerxencias atopárono cuberto cuns colchóns no medio da casa

 As lapas danaron a cociña, a porta da entrada e diferentes bens da casa

G24.gal 16/07/2026 13:42

Aconteceu no lugar do Castro, na Guarda, pouco antes das dúas e media da tarde. Daquela, varios veciños viron que nunha casa se estaba a producir un incendio e, sen perder un intre, alertaron o 112.

"Ao chegar atopámonos cun incendio na entrada da vivenda, sufocámolo e rastrexamos dentro da casa", explica Anselmo Pequeño, capataz do GES da Guarda.

Porque a veciñanza, ao dar o aviso, alertaba tamén de que no interior da casa podía haber xente.

"Había un señor, o dono, que estaba cuberto cuns sofás. Sacámolo e levouno o 061, e despois un helicóptero trasladouno ao hospital de Vigo. E despois rematamos de extinguir o lume", engade Pequeño.

As lapas afectaron principalmente á cociña, que está no segundo andar. "Arderon varios enseres e algo da cociña", explican.

A rápida intervención dos bombeiros evitou que o lume se espallase ao resto do inmoble.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade