Restablecida a circulación ferroviaria entre Santa Cruz de Arrabaldo e O Carballiño logo do corte por un incendio
Restablecida a circulación ferroviaria entre Santa Cruz de Arrabaldo e O Carballiño logo do corte por un incendio
A extinción do incendio permitiu restablecer a circulación
O corte afectou aos trens de ancho convencional entre Ourense e Santiago
Este luns a circulación estivo cortada por un incendio entre a Cidade das Burgas e O Irixo. Europa Press
Por segundo día consecutivo un incendio volveu ao tráfico ferroviario. Este martes o Adif informaba de que había un próximo á infraestrutura polo que o tramo entre Santa Cruz de Arrabaldo, termo municipal de Ourense, e O Carballiño estaba cortado. Unha vez extinguidas as lapas, o tráfico restableceuse.
Una vez extinguido el incendio, se restablece la circulación entre Santa Cruz de Arrabaldo y O Carballiño. https://t.co/zC64U3k3u2
— INFOAdif (@InfoAdif) July 14, 2026
A incidencia afectou á circulación de trens de ancho convencional entre Santiago e Ourense. Os convois de alta velocidade circularon con normalidade entre as dúas cidades.