Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Puidemos levar máis", dixo o cerebro do roubo do Louvre ao ver o botín

"Puidemos levar máis", dixo o cerebro do roubo do Louvre ao ver o botín

Saen á luz novos detalles do golpe desvelados polos ladróns durante os interrogatorios

G24.gal 14/07/2026 20:53 Última actualización 14/07/2026 21:08

Era o 19 de outubro de 2025. O museo máis visitado do mundo sufría un roubo sorprendente do que agora se coñeceron novos detalles. O diario francés Le Monde accedeu ás declaracións que fixeron dous ladróns detidos cando os interrogaron os xuíces no mes de xuño pasado.

Sabíase que subiron a un montacargas disfrazados de obreiros, que accederon a un balcón do primeiro andar, forzaron a ventá e pasaron á galería Apolo. E agora relataron que, cando entraron, "non había ninguén, estaba escuro, só estaban acesas as luces das vitrinas". 

Contaron tamén os ladróns confesos que recibiran as instrucións só dous ou tres días antes do golpe e que un vídeo gravado dentro da galería serviu como guía para cumprir coa misión: coller as xoias do interior das vitrinas. Non revelaron quen os contratou porque temen posibles represalias.

Din que xa detidos recibiron chamadas do exterior pedíndolles silencio. O que si apuntaron é que o cerebro do roubo amosou decepción ao ver o botín e dixo: "Puidemos levar máis". Parecéronlle pouco as nove xoias subtraídas, cun valor estimado de 88 millóns de euros. 

Os dous ladróns din que lles ofreceran arredor de 20.000 euros a cada un, e que acabaron facendo o que fixeron porque estaban nunha situación financeira desesperada. 

Agora, resumen o roubo dicindo: "O que fixemos non estivo ben". 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade