Estabilizado o incendio de Boborás, do que investigan como posible orixe uns traballos de roza
As lapas queimaron o castro de Xurenzás
O incendio forestal no concello ourensán de Boborás quedou estabilizados ás seis da tarde deste xoves, tras declararse pouco despois do mediodía. As lapas queimaron o castro de Xurenzás. Segundo as primeiras estimacións de Medio Rural, a superficie que ardeu é de 13 hectáreas. Investígase se a causa do lume se debe aos traballos de roza dun tractor.
Traballan nas tarefas de extinción de forma acumulada, entre outros, dous técnicos, cinco axentes, doce bigadas catro avións, sete helicópteros, dúas pas e nove motobombas.
O incendio sitúase entre os lugares de Prado e Ventosa, nunha zona de monte e sen achegarse ás casas, aínda que cunha gran columna de fume visible na zona.
Pola súa banda, o Goberno central informa de que do Ministerio para a Transición Ecolóxica enviou un avión anfibio, dous helicópteros bombardeiros e unha brigada. Destaca que se traballa de "forma coordinada" co dispositivo autonómico.