Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio forestal das Cinco Villas, en Zaragozaa, afecta xa a máis de 4.500 hectáreas

O incendio forestal das Cinco Villas, en Zaragozaa, afecta xa a máis de 4.500 hectáreas

A baixa humidade e o comportamento errático do vento dificulta os traballos de extinción 

G24.gal 16/07/2026 13:50

O incendio forestal declarado este mércores na localidade zaragozana de Orés avanza fóra de control e obrigou a desaloxar esta noite unha cuarta localidade.

As altas temperaturas, a baixa humidade e o comportamento errático do vento dificulta os traballos de extinción do lume, que xa arrasou máis de 4.500 hectáreas.

Foi unha noite dura para os bombeiros que combaten por terra o incendio declarado este mércores na comarca aragonesa das Cinco Villas, no norte da provincia de Zaragoza.

O lume progresou polo lado esquerdo e saltou a estrada de une Luesia e Asín, xunto a Orés, as tres localidades evacuadas inicialmente e ás que nas últimas horas se sumou Malpica de Arba.

"En Malpica nese momento había trece ou catorce persoas. Saímos todos en convoi, primeiro coa Garda Civil. E foron parar a Egea de los Caballeros".

Os veciños doutras tres localidades permanecen en situación de prevención e poderían ser evacuados en calquera momento.

"Pasamos momentos moi complexos. Un deles na localidade de Orés, onde bombeiros da brigada de Infoar, da UME e da Deputación de Zaragoza foron cercados polo lume e tiveron que saír axiña porque o lume chegáballes".

Coa amencer, entraron en acción os medios aéreos para intentar frear o avance das lapas impulsadas por continuos cambios na dirección do vento, as altas temperatura e a baixa humidade que se rexistran na zona.

Segundo as autoridades, o incendio queimou xa preto de 5.000 hectáreas, principalmente cultivos, monte baixo e masa forestal, pero tamén danou dez vivendas e varios vehículos.

O servizo aragonés de incendios forestais informou doutros dous incendios activos no Pireneo de Huesca, un preto de Aínsa e outro en Pico Castanesa, no concello de Benasque.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade