Restablecida a circulación de trens entre Vigo e Ourense polo incendio de Crecente
O lume afecta a unha superficie dunhas 11 hectáreas e está xa controlado
Extinguido o incendio forestal en Ribas de Sil tras queimar 190 hectáreas
O Adif informa que a circulación do tren entre Vigo e Ourense foi restablecida este xoves despois de interromperse o pasado mércores, 15 de xullo, á tarde por un corte entre Frieira e Filgueira debido á proximidade a un incendio declarado en Crecente (Pontevedra).
Desde as 18:20 do mércores foi necesario que o Adif establecese un plan alternativo de transporte por estrada para garantir a mobilidade dos viaxantes.
Durante este tempo, os usuarios desta liña tiveron que cambiar o tren polo autobús para completar os seus desprazamentos.
"Xa estabamos no tren cando nos dixeron que tiñamos que baixar e coller un autobús", di unha das pasaxeiras que viaxaba de Madrid a Guillarei.
“Tiñamos que facer un transbordo en Ourense, contaron varios problemas por megafonía, pero ata que chegamos á estación non nos enteramos de que tiñamos que coller un autobús. Pensamos que non chegabamos”, di outra usuarioa.
A consellería de Medio rural investiga a orixe do lume, que finalmente afectou a once hectáreas. Nas labores de extinción participaron catro helicópteros, catro avións, trece brigadas e nove motobombas. Coa reapertura da liña, os pasaxeiros xa poden volver realizar o traxecto entre Vigo e Ourense en tren.
O incendio forestal, xa controlado, orixinouse ás 17:26 horas do pasado mércores en Rebordechán, no municipio de Crecente.