Publicador de contidos

Publicador de contidos

Roubo e profanación na igrexa de Parada de Ribeira, en Xinzo

Roubo e profanación na igrexa de Parada de Ribeira, en Xinzo

Os cacos levaron pezas de alto valor artístico e relixioso

É o segundo asalto no que vai de ano

G24.gal 02/09/2026 15:19

En Xinzo de Limia, a Garda Civil investiga o roubo nunha igrexa na aldea de Parada de Ribeira. Foi asaltada dúas veces no que vai de ano. A última delas os ladróns levaron importantes pezas de valor artístico e relixioso.

O primeiro dos roubos foi a finais do mes de abril. Foi un dos seis templos saqueados nunha vaga de roubos en igrexas que houbo na Limia. Daquela foran máis os estragos que o botín dos ladróns.

Pero desta vez levaron o cáliz de prata do século XVIII, a cruz procesional do XVII e tamén de prata e mesmo as formas consagradas que había no sagrario. Considérase deste xeito que o templo foi profanado, así que foi preciso bendicir de novo a igrexa para poder retomar o culto. 

Abogados Cristianos presentou unha denuncia polo asalto e profanación da igrexa. Dende o bispado lembran que as pezas están identificadas e catalogadas para facilitar a súa recuperación se coma neste caso son obxectivo dos ladróns. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade