A nova UCI pediátrica do HULA ofrece unha atención máis personalizada aos pacientes
Sepárase da de Neonatos e cada doente é atendido nun espazo independente, illado e máis humanizado
Entre os novos servizos cos que conta está a sala de técnicas para chegar a dor cero no tratamento dos meniños
Con espazos individuais, illados e máis humanizados. Asi é a nova UCI pediátrica do Hula. Mellorase a atención ao paciente e ás familias.
"Coidar con máis seguridade tanto ao paciente coma ao profesional, coidar con máis afeciencia e de forma máis humanizada", explica a xefa de Pediatría, Esther Vázquez.
A nova unidade de críticos gaña novos servizos e espazos.
"Os boxes de pediatria para os nenos máis maiores están independentes dos boxes dos lactantes", di o xerente da área sanitaria Ramón Ares.
Cada ano ingresan na UCI pediátrica unha media de 200 menores. Moitos con enfermidades respiratorias e infecciosas.
"O obxetivo é dor cero. Todas as técnicas que realizamos aos nosos pacientes son técnicas sen dor", engade a xefa de Pediatría.
A reforma da UCI pediátrica súmase a outras melloras no centro.
"A próxima entrada no hospital dun novo acelerador liñal pioneiro en Galicia que permite axustar o tratamento do paciente", Antonio Caamaño, conselleiro de Sanidade.
O hospital lugués avanza no coidado da infancia. E o primeiro galego e o segundo de España en contar tamen cunha Neuroescola.