Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia prepárase para afrontar no futuro veráns máis secos

Galicia prepárase para afrontar no futuro veráns máis secos

O Goberno galego está deseñando un plan para garantir a subministración de auga a todos os concellos galegos

G24.gal 02/09/2026 14:41

A pesar da chuvia, boa parte de Galicia segue en alerta ou prealerta por seca. Na demarcación Galicia-Costa os encoros de abastecemento de auga están, de media ao 60 % da súa capacidade. Fixámonos agora nun dos de maior capacidade, o de Eiras, que está un pouquiño por riba da media, ao 62 % da súa capacidade. Un dato completamente oposto ao do encoro de Baiona, que está só ao 28 %. PLAY Aínda peor é a situación no de Vilagarcía, que ten unha ocupación do 11 %. Así as cousas, non queda outra que seguir moderando o consumo de auga.

No país da chuvia, a auga, no verán, vai camiño de converterse nun ben preciado. Nun futuro escenario con máis secas, o Goberno galego quere adiantarse deseñando un plan para garantir a subministración.

Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, di que "os galegos somos conscientes de que cada vez a auga é mais limitada. 244 concellos fixeron auditorías. Hai concellos que chegan a perdas do 70 por cento da fugas auga".

Begonte é un dos exemplos de concellos que xa levan anos traballando para anticiparse a estes períodos de seca. Aquí trabállase nun proxecto de restauración ecolóxica na lagoa de Begonte, unha zona húmida que xorde en inverno nestas zonas inundables da Terra Chá.

"Isto é unha lagoa temporal que se forma con escorrentías que hai que conservar porque é un refuxio climático. Con iso formar unha grande infraestrutura verde", comenta Vázquez.

Porque cun ceo que cada vez é máis conicho en soltar pingas de auga no estío, hai que darlle a conservación e coidado dos humedais e dos espazos verdes a importancia que merecen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade