Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban un quilómetro de cable de cobre nun paseo peonil do concello de Rois

Rouban un quilómetro de cable de cobre nun paseo peonil do concello de Rois

O Concello interpuxo denuncia e pide mais vixilancia policial 

G24.gal 28/08/2026 14:02

Sen luz nos farois e con todas as arquetas levantadas. Así amencía este venres unha senda peonil do concello de Rois.

"Seguramente viñeron pola noite con roupa escura e abrens as arquetas, cortan cable e tiran", explica Isaac Eiras, operario de montaxes eléctricos.

O botín que levaron, un quilómetro de cables de cobre. Algúns teñen máis recheo que outros, pero non foron selectivos e cortaron a eito.

"Neste caso interesan todos, teñan mais ou menos cobre, porque é un material que se paga ben".

Os operarios afanábanse esta mañá en volver conectar a iluminación do paseo, habilitado hai dous anos para comunicar o lugar de Seira coa rotonda da estrada de Padrón.

"Paréceme unha burrada o que fixeron. A ver se o arranxan pronto e non volven máis", di un viandante.

E se lles dá por regresar a roubar máis cobre, non o terán tan fácil.

"Despois de conectar todo, imos meter area e selar con cemento, para que non o teñan fácil se volven. Pero pouco máis se pode facer".

O Concello de Rois denunciou os feitos ante a Garda Civil de Padrón, pedindo de paso máis presenza policial para evitar novos roubos na zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade