Un raio impacta e tronza un teixo duns trinta anos en Ares
Malia que o suceso deixou a veciñanza sobresaltada, non hai que lamentar danos persoais
Completamente tronzado quedou o teixo tras impactar sobre el un lóstrego.
"Quedou todo roto e estragado. Foi impresionante". "A árbore era xa un pouco vella". "Foi tal o impacto que aquí pensaron que caera nunha casa".
O teixo, duns trinta anos, está dentro dunha propiedade privada do lugar de Cheeira, na parroquia de Caamouco. Os donos, que non quixeron falar diante da cámara, si nos contaron que cando comezou a treboada, estaban sentados nun anexo da vivenda, a escasos metros da árbore, e que quedaron impactados.
"Á nai fíxoa saltar da cadeira de brazos". "Foi moito. Escoitouse un estrondo moi forte".
Un episodio que deixa esta impactante imaxe pero, sobre todo, un bo susto para os que o viviron de preto.
"Deu susto porque caeu ao lado". "Foi incríble porque moi preto hai un pararraios". "Foi moi forte. Marchou a luz, soaron as alarmas dos coches". "Se en vez de caer na árbore, cae nunha casa...".
Malia que o suceso deixou a veciñanza sobresaltada, non hai que lamentar danos persoais.