Publicador de contidos

Publicador de contidos

Treboadas e sarabiadas no Barco de Valdeorras, na Mariña e na montaña de Lugo

Treboadas e sarabiadas no Barco de Valdeorras, na Mariña e na montaña de Lugo

Nun dos accesos ao Barco formouse unha balsa de auga na quedou un coche atrapado e obigou a cortar a estrada

G24.gal 16/07/2026 21:10

 Xornada de sarabia, treboadas e chuvias. Entre as 6 e as 7 da tarde  deste xoves foi a hora de maior actividade. Os lóstregos contáronse por centos e rexistráronse fortes refachos de vento asociados ás tronadas. As treboadas descargaron especialmente no Barco de Valdeorras, na montaña de Lugo e na Mariña.

No Barco cumpríronse as previsións e chegaron a acumularse 15 litros de auga por metro cadrado. Unha forte sarabiada cortaba un dos accesos á vila ao fomar unha gran balsa de auga nun paso situado baixo a vía do tren. Como consecuencia, un coche quedou atrapado. 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activara diferentes alertas por tormentas e fortes choivas nas provincias de Lugo, A Coruña e Ourense para este xoves, 16 de xullo. E a Xunta suspendeu a actividade deportiva federada no exterior, excepto os deportes náuticos e acuáticos nos concellos afectados polo aviso laranxa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade