Publicador de contidos

Publicador de contidos

Muimenta acolle xente emprendedora con ganas de compartir a súa experiencia

Muimenta acolle xente emprendedora con ganas de compartir a súa experiencia

O proxecto Mumenta Viva ofrece estadías temporais para vivir e traballar na aldea

A iniciativa está financiada pola Consellería de Emprego en colaboración con outras entidades

É un modelo de convivencia innovador que busca tamén desenvolver proxectos creativos

G24.gal 12/09/2026 15:55 Última actualización 12/09/2026 17:12

Muimenta viva é un proxecto que busca revitalizar o rural conectando os veciños dunha aldea con persoas de calquera parte do mundo. Faino a través de edificios rehabilitados que serven de vivenda, espazo de traballo e un lugar comunitario onde todos comparten experiencias.

Lucía, que naceu na Arxentina pero é neta de galegos, vai estar á fronte do proxecto promovido pola Consellería de Emprego e coa colaboración doutras entidades, como a fundacion RIA

Desde este verán os equipamentos rehabilitados comezan a ter vida. As estadías permiten vivir e traballar temporalmente na aldea, unha das 21 deste tipo que existen en Galicia, e compartir a experiencia coa propia veciñanza.

É o que se coñece como un coliving público, con espazos de traballo, vivenda pública, cociña comunitaria e centro social para desenvolver actividades. 

"Os veciños que se achegaron dixeron que non só querían recibir obradoiros das persoas que veñen cos seus proxectos, que eles tamén tiñan que ensinar", explica Lucía Abuchdid, a coordinadora do proxecto 'uimenta Viva durante os próximos seis meses. 

E así naceu a figura da anfifroa. Ademais de recibir obradoiros e actividades culturais a propia veciñanza de Muimenta comparte os seus coñecementos: desde o cultivo da terra, a gastonomía, a música tradiconal ou os oficios. 

Xiahou e Adriana están agora preparando o seu proxecto. 

"Estamos aquí nunha residencia de dúas semanas para preparar a próxima edición do festival Cinema de situacón, un festival de Galicia e Portugal que xira arredor de como o cinema e as historias poden cambiar a nosas forma de relacionarcos co territorio e a comunidade, explican. 

Cristina ve nesta iniciativa unha oportunidade para gañar autonomía e avanzar nun proxecto de vida propio no rural.

A aldea modelo de Muimenta, en Carballeda de Avia, aspira a ser un referente de emprendemento e dinamización dun modelo público e innovador de convivencia.

Agora si, tras os incendios de 2017 que afectaron a contorna desta aldea, e da rehabilitación de tres edificios, Muimenta comeza a revitalizarse. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade