Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rematan os traballos de desentullo en Viana e Vilamartín cando se cumpre un mes das riadas

Rematan os traballos de desentullo en Viana e Vilamartín cando se cumpre un mes das riadas

Na Bouza, considerada como 'zona cero', retiráronse 5.000 metros cúbicos de material

A CHMS investirá dous millóns de euros en Viana do Bolo

Unha escavadora traballando nos labores de limpeza en Viana do Bolo tras as riadas. Europa Press
G24.gal 17/07/2026 17:00

Cúmprese un mes das fortes ridas que afectaron ás aldea vianesas da Bouza e Pradocabalos e a Vilamartín de Valdeorras e que arrasaron con todo o que a auga atopou ao seu paso. Os traballos de desentullo remataron xusto cando se cumpre un mes da traxedia.

Na Bouza, considerada como 'zona cero' das riadas do pasado 17 de xuño, a Deputación de Ourense terminou este xoves cos labores de limpeza. O dispositivo mobilizado para esta actuación conseguiu extraer e xestionar máis de 5.000 metros cúbicos de material ata o momento.

Os traballos, executados a través dun operativo técnico composto por unha retroescavadora e tres camiones, "sufriron un leve atraso sobre a planificación inicial posto que o volume de residuos acumulados na zona era superior ao estimado", explica a Deputación nun comunicado este xoves.

Pola súa banda, o presidente e a vicepresidente primeira, Luis Menor e Marta Nóvoa, reuníronse con alcaldes de Valdeorras e técnicos para abordar o Plan de Actuación Integral para garantir o financiamento europeo.

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, e o alcalde de Viana do Bolo (Ourense), Germán García-Ávila, asinaron un acordo para a construción de cinco depósitos de almacenamento de auga para o municipio e unha nova EDAR para dar servizo a 1.000 habitantes e mellorar o sistema de saneamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade