Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un raio provoca un incendio nunha vivenda en Nigrán sen causar danos persoais

Un raio provoca un incendio nunha vivenda en Nigrán sen causar danos persoais

A casa, de alugueiro, estaba baleira, polo que afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais

G24.gal 23/08/2026 09:25

Preto das 07:00 horas deste domingo, unha particular informaba de que unha vivenda na rúa Navas, en Priegue, Nigrán, estaba a arder por un raio que caera na casa.

Esta veciña relataba que caera un raio e que vía lapas por unha fiestra da vivenda. Aseguraba que se trataba dunha casa de alugueiro e que estaba baleira.

Ata o lugar, tras seren avisados polo 112 Galicia, acudiron de inmediato os membros do GES de Val Miñor. Igualmente foron informados os Bombeiros de Baixo Miño, de Vigo, a Garda Civil e a Policía Local.

Os membros do GES confirmaron a extinción do lume, indicaron que o incendio fora provocado por un raio que caera na vivenda. Ardeu o sistema eléctrico e toda a vivenda viuse afectada polo fume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade