Cargando resultados...
Estabilizado o incendio de Chandrexa de Queixa
A superficie queimada ascende, polo momento, a 15 hectáreas
Imaxe de @BrifLaza
G24.gal
23/08/2026 04:28
O incendio que se rexistra no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, na parroquia de Fitoiro, quedou estabilizado contra as 21:00 horas deste sábado, segundo confirmou a consellaría do Medio Rural.
Un amplo operativo, con medios terrestres e aéreos, traballou arreo para perimetrar as lapas, que prenderan a media tarde, e que calcinaron unhas 15 hectáreas. Segundo lle confirmou á Radio Galega o alcalde, Francisco Rodríguez, o incendio xa non supón perigo ningún.