Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un neno tras caer desde un terceiro piso ao arder a súa vivenda en Navarra

Morre un neno tras caer desde un terceiro piso ao arder a súa vivenda en Navarra

Ademais do memor, outra persoa foi hospitalizada por inhalación de fume

EFE/ Villar López EFE/ Villar López
G24.gal 21/08/2026 08:37 Última actualización 21/08/2026 09:29

Un neno de 10 anos faleceu nun hospital de Navarra tras precipitarse dunha vivenda situada no terceiro piso dun edificio de cinco andares en Burlada que sufrira un incendio na tarde deste xoves. . 

Ademais do menor, que foi trasladado ao servizo de Pediatría do Hospital Universitario de Navarra (HUN), onde pouco despois faleceu, neste mesmo centro foi atendida outra persoa por inhalación de fume.

Ata o edificio do incendio mobilizáronse Bombeiros dos parques de Trinitarios e Cordovilla, dúas ambulancias convencionais e outra medicalizada. Tamén acudiron un psicólogo de garda e efectivos da Policía Municipal e da Policía Foral, corpo este último que queda ao cargo da investigación do suceso.

O incendio foi extinguido sobre as 17.45 horas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade