Falece unha muller na praia de Lago, en Camariñas, que tivo problemas para saír da auga
Foi un particular o que deu a voz de alarma e indicou que unha muller tiña problemas para saír da auga
Imaxe de arquivo
Unha muller perdeu a vida na praia de Lago, no municipio coruñés de Camariñas. Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 17.30 horas deste xoves e foi un particular o que deu a voz de alarma e indicou que unha muller tiña problemas para saír da auga.
A central de emerxencias mobilizou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, a Salvamento Marítimo, a Gardacostas de Galicia e a Protección Civil.
🔴#AxegaInforma dun muller falecida en Camariñas
— 112 Galicia (@112Galicia) August 20, 2026
📍 Praia de Lago
➡️ Ao fío das 17:30h un particular avisaba dunha muller con problemas para saír da auga
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @guardiacivil, @salvamentogob, @GardacostasGal e Protección Civil pic.twitter.com/dHS23FgicT