Cargando resultados...
Morre un ciclista en Xinzo de Limia tras sufrir unha caída
O persoal de emerxencias desprazouse ata o lugar, pero o home acabou falecendo tras recibir os primeiros auxilios
G24.gal
19/08/2026 07:51
Un ciclista faleceu este martes en Xinzo de Limia tras sufrir unha caída, segundo informa o 112 Galicia.
Ao redor das nove da noite, un particular comunicou ao teléfono de emerxencias este accidente e que o ciclista se atopaba inconsciente no lugar de Manga de Arriba, parroquia de Lamas.
O persoal de emerxencias desprazouse ata o lugar, pero o home acabou falecendo tras recibir os primeiros auxilios.