Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os gasto medio das familias galegas para a volta ao cole será de 566 euros por fillo

Os gasto medio das familias galegas para a volta ao cole será de 566 euros por fillo

Un 20% compra roupa e material escolar con antelación para repartir gastos

G24.gal 18/08/2026 21:01 Última actualización 18/08/2026 21:16

Aínda en plenas vacacións de agosto, a costa de setembro empeza a atormentar moitas familias. O inicio do curso é un deses gastos fixos que cada ano vai subindo un pouco. Desde 2019, creceu un 17%. A Asociación Española de Consumidores calcula que este ano en Galicia vai haber que reservar un presuposto de 566 euros por neno.

Juan Carlos, que ten un fillo de seis anos, di que son gastos que hai que asumir con cariño, e que os colexios axudan moito con iniciativas como o banco de libros. 

O que máis presuposto leva é a roupa. Unha equipación básica para a volta ao cole vai rondar de media os 200 euros por fillo. Tamén están, por suposto, os libros de texto.

Rosa Mayo, da libraría Follas Novas de Santiago, di que unha familia que colla todos os libros, oito ou nove, pode pagar entre 300 e 400 euros. A súa compañeira Laura Marcos confirma que os libros de texto soben cada curso, o ano pasado ata 5 euros por libro.

Tamén subiron por exemplo, as mochilas, un 11% con respecto ao ano pasado. En material escolar, a asociación de consumidores calcula que vai haber que gastar uns 130 euros por neno.

Non é de extrañar, polo tanto, estroutro dato. O 20% das familias galegas empezan a preparar a volta ao cole antes de agosto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar