Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda urxe cambios legais tras o informe PISA: "A LOMLOE non deu resultado"

Rueda no acto de apertura do curso escolar no IES Eusebio da Guarda. EFE/Moncho Fuentes Rueda no acto de apertura do curso escolar no IES Eusebio da Guarda. EFE/Moncho Fuentes
G24.gal 09/09/2026 14:56 Última actualización 09/09/2026 15:27

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, demanda cambios lexislativos tras o informe PISA que constata unha caída xeneralizada no sistema educativo a nivel español, aínda que Galicia se sitúa por riba da media estatal.

"Temos que facer unha reflexión rápida, actuar canto antes (...) O talento está aí, a cultura do esforzo ten que ter un resultado, non vale non estudar e deixarse ir e esperar que veñan os resultados por si sós", sinalou no acto de apertura do curso escolar no IES Eusebio da Guarda.

Na marxe das reformas que "haxa que facer" ou as "reflexións" a este respecto, considera que se cadra se fixeron cambios "demasiado rápido" polo que apelou a realizar modificacións lexislativas.

"A LOMLOE non deu resultado en ningún caso", sentenciou para apostar por ser "valente" e facer "os cambios necesarios".

Ao fío desta cuestión, apelou ao traballo "en equipo" xunto co persoal docente e coas familias. "Xogámonos o futuro do país", insistiu nunha intervención na que asegurou que o curso escolar botou a andar "con normalidade".

O presidente estivo acompañado polo conselleiro de Educación. EFE/Moncho Fuentes O presidente estivo acompañado polo conselleiro de Educación. EFE/Moncho Fuentes

Profesorado

Rueda reivindicou a cifra de profesorado neste curso académico malia rexistrarse unha baixada do número de estudantes. Segundo dixo, é "un dos mellores cocientes de España: 9,7 alumnos por docente".

Salientou os "5.000 docentes en atención á diversidade, máis do dobre que hai 15 anos" e incidiu na existencia en Galicia dun "bilingüismo cordial" con procura de competencias "noutros idiomas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade