Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os pais buscan alternativas na volta ao cole máis cara dos últimos anos

Os pais buscan alternativas na volta ao cole máis cara dos últimos anos

Nas librarías falan dunha subida de 100 euros nunha década

G24.gal 10/09/2026 21:01 Última actualización 10/09/2026 21:25

Chega setembro e, como cada ano, os pais teñen que pasar por caixa coa volta ao cole. Cada vez e mais difícil.

"Un libro de inglés foron 80 euros. Unha nena de sete anos vaise a 290 euros en libros e despois aínda tes que mercar os materiais, que cada vez son máis específicos e máis caros", comentan os pais.

E non só é unha queixa dos pais, nas librerías confirman que a subida é unha realidade.

"O prezo medio dun curso como cuarto de primaria e de 360 euros. Ese mesmo lote dez anos atrás eran 250 euros", confirma Julián García, da Libraría Biblos.

Cen euros de subida só nos libros e, ante iso, chegan as solucións alternativas. No CEIP Luís Pimentel de Lugo teñen unha. 

"Un mercado de libros solidarios. Temos un grupo de WhatsApp onde algúns ofrecen e outros mercan. Son libros que moitas vecen quedan impecables e moita xente opta por esta solución. De pagar por un libro 40 o 50 euros pasamos a 10 euros", comenta Noelia Vega, presidenta da AMPA Triscos do CEIP Luis Pimentel.

Axuda entre país que podemos ver tamén nas aplicacións de segunda man. Os datos falan de aforros que chegan aos 200 euros por neno. Todo para poder superar a costa de setembro.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade