Rogríguez, sobre o infome PISA: "Non estamos contentos, pero estamos nunha situación máis favorable ca outras CC. AA."
Rogríguez, sobre o infome PISA: "Non estamos contentos, pero estamos nunha situación máis favorable ca outras CC. AA."
O conselleiro de Educación afirmou que cos datos do informe PISA España cae a un ritmo alarmante, son os peores dos últimos 20 anos
A administración estivo traballando ao longo do verán para organizar un curso escolar que conta con 4.600 alumnos menos que o pasado ano pero terá máis profesores
Noite de nervios e de pouco durmir para os alumnos e alumnas de infantil, secundaria e FP, que comezan hoxe o curso académico, en total uns 300.000. No informativo Bos días da Televisión de Galicia entrevistaron a Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Segundo o conselleiro, este curso vai comezar con normalidade. Cre que haberá algunhas cuestións que resolver porque se trata dun sistema dun gran volume.
A administración estivo traballando ao longo do verán para organizar un curso escolar que conta con 4.600 alumnos menos que o pasado ano, pero terá máis profesores. Deste xeito buscan mellorar as ratios e ter unha mellor atención educativa. Neste curso, segundo Román Rodríguez, terán unha gran novidade na apliación do acordo de mellora educativa; van incrementar o profesorado en Secundaria, haberá 900 funcionarios máis.
"Grazas a redución de ratios fomos capaces de salvar 800 aulas que, se non, non estarían dentro das marxes que nos permite a lexislación. Estamos facendo un grande esforzo organizativo para que o alumnado estea o mellor atendido posible", afirmou o conselleiro de Educación.
Apoio á transición de Primaria a Secundaria
Hai poucos días presentou a Consellería de Educación un novo programa, precisamente, de reforzo extraescolar para facilitar a transición da etapa de Primaria a Secundaria.
Hai poucos días presentou a Consellería de Educación un novo programa, precisamente, de reforzo extraescolar para facilitar a transición da etapa de Primaria a Secundaria. Trátase dun momento de cambio, e os alumnos que teñen algún problema de aprendizaxe reforzarán as competencias básicas en grupos reducidos en horario extraescolar para que a súa transición sexa o máis fácil posible.
Informe PISA
Nas últimas horas coñecéronse os datos do Informe PISA. España non sae ben parada, suspenso xeneralizado, lastrado pola lei Celaá. Galicia está por riba da media nacional en comprensión lectora, Matemáticas e Ciencias. De feito, nestas dúas últimas categorías, a nosa comunidade autónoma é a quinta con mellores datos.
Román Rodríguez afirmou que con estes datos non podemos estar contentos porque España cae a un ritmo alarmante e son os peores dos últimos 20 anos. Afirmou que dende que está en vigor a LOMLOE os currículos son absurdos conceptualmente e educativamente, os criterios de avalición diminuíron con todo o que ten que ver coa cultura do mínimo esforzo e reduciuse a autoridade do profesor.
"En Galicia, mantémonos en todas as competencias pero non son os datos que nos gustarían, mais comparativamente con outras comunidades autónomas estamos nunha situación máis favorable. Non estamos contentos, é para reflexionar", destacou o conselleiro.
IA e redes
O informe apunta á maior exposición ás pantallas como unha das posibles causas do retroceso en competencias educativas. Román Rodríguez cre que o uso da Intelixencia Artificial é un gran retroceso e o uso das redes sen control por parte das familias, xa que no sistema educativo o uso de dispositivos está pautado.
"En Galicia puxemos hai anos unha lei de educación dixital que regula o uso da Intelixencia Artificial na educación. Somos a primeira comunidade autónoma que vai regular a IA no proceso educativo, imos regular os dereitos e deberes do alumno no ámbito tecnolóxico e como usar a tecnoloxía", subliñou Rodríguez.
Xa para rematar, o conselleiro falou da caida da fachada do Colexio Maior San Clemente. Afirmou que foi un colapso arquitectónico e que se trata dun edifico moi antigo.