Falece aos 36 anos Hayden Panettiere, actriz de 'Heroes' e 'Scream'
A intérprete tamén destacou polo seu papel protagonista na serie Nashville
Europa Press-Arquivo
A actriz Hayden Panettiere, coñecida polos seus papeis nas series Heroes e Nashville e pola súa participación na saga de terror Scream, faleceu este domingo aos 36 anos, segundo confirmou o seu representante a ABC News. Polo momento, descoñécese a causa da morte.
Panettiere levaba diante das cámaras desde 1994, cando, con só cinco anos, debutou na telenovela Sólo se vive una vez. Posteriormente participou en Guiding Night, onde apareceu en 45 capítulos.
O seu gran salto á fama chegou en 2006, cando se incorporou ao reparto de Heroes, a serie de superheroes da NBC. Alí interpretou a Claire Bennet, unha animadora cun factor de curación acelarado, nun total de 73 episodios.
Entre 2012 e 2018 protagonizou Nashville, onde deu vida a Juliette Barnes, un papel polo que recibiu dúas propostas aos Globos de Ouro. A serie contou con 128 episodios en que participou a actriz.
O representante de Panettiere comunicou o falecemento cunha mensaxe en que desacou que era unha persoa que transmitía amor e alegría tanto aos que a coñecían como aos millóns de espectadores que a seguían na pantalla.