Falece un home tras caer desde unha ventá na Coruña
O suceso ocorreu nun piso da rúa Zalaeta
Arquivo
A Policía Nacional investiga a morte dunha persoa na Coruña ao precipitarse desde unha fiestra este martes.
O corpo sen vida do home apareceu na rúa Zalaeta á primeira hora da tarde e os profesionais sanitarios non puideron máis que certificar o falecemento.
Polo momento descoñécense as causas da caída. A Policía Nacional abriu unha investiga para determinar que ocorreu.
Trasladan ao hospital un operario ao sufriu un infarto nunha obra
Tamén na Coruña on operario foi trasladado ao hospital despois de que lle dese un infarto cando estaba a traballar nunha obra.
O 112 Galicia recibiu o aviso e activouse un operativo. O home atopábase nunha estada de difícil acceso cando sufriu o infarto. Os bombeiros, co brazo articulado do seu vehículo, axudaron a evacuar ao operario, que foi trasladado ao hospital.