Cargando resultados...
Un incendio en Ponteareas mobiliza 12 medios aéreos e supera as 20 hectáreas
No dispositivo de loita contra o lume traballan 8 brigadas, 8 motobombas e 12 medios aéreos, entre outros efectivos
Parroquia de Nogueira en Ponteareas, Pontevedra
G24.gal
18/08/2026 19:27
Última actualización 18/08/2026 19:54
Un incendio forestal activo na parroquia de Nogueira, no concello pontevedrés de Ponteareas, mobilizou 12 medios aéreos e supera as 20 hectáreas calcinadas, segundo a Consellería do Medio Rural.
O lume iniciouse ás 17.39 horas e obrigou a despregar un importante operativo de extinción.
O dispositivo está composto por 2 técnicos, 9 axentes, 8 brigadas, 8 motobombas, 3 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 8 helicópteros e 4 avións.