Sen incidencias relacionadas coa eclipse en Galicia entre as 624 rexistradas
As principais afeccións estiveron relacionadas coa saturación de aparcadoiros e accesos
Eclipse desde a praia de Riazor. Lavandeira Jr/EFE.
O 112 Galicia xestionou un total de 624 incidencias entre as 12.00 e as 23.00 horas deste mércores, xornada na que tivo lugar a eclipse solar, sen que ningunha delas estivese relacionada co fenómeno.
Durante ese período, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) atenderon ademais 1.842 chamadas.
A xornada transcorreu en xeral sen incidencias relevantes nos distintos puntos de observación, a pesar de as concentracións de persoas e vehículos, especialmente en zonas costeiras, praias, miradoiros e outros puntos elevados das provincias da Coruña e Pontevedra, así como nalgúns lugares de Lugo e Ourense.
As principais afeccións estiveron relacionadas coa saturación de aparcamentos e accesos, mentres que en canto á mobilidade se rexistrou tráfico intenso e retencións puntuais en distintas vías, principalmente na AP-9 e a A-54, ademais dalgunhas estradas secundarias.
Unha vez finalizado a eclipse tamén se produciu tráfico intenso nas vías de regreso cara aos lugares de orixe dos visitantes.
No ámbito sanitario, o 112 Galicia rexistrou 19 consultas e oito persoas tiveron que ser trasladadas a un hospital.