As réplicas sísmicas sucédense en Granada, que conten o alento tras os últimos tremores
Antes da medianoite un terremoto de magnitude 3,4 sacudiu esta provincia andaluza, onde xa de madrugada se producion ata seis réplicas máis
A Alhambra reabre para as visitas, pero cos percorridos adaptados para facilitar a evacuación en caso necesario e sen poder acceder á Alcazaba
Veciños de Granada pasaron a noite nun parque logo dos tremores sentidos este martes (EFE/Pepe Torres)
O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou durante a noite e madrugada varios terremotos de diferentes intensidades que se deixaron sentir en Granada e a súa área metropolitana.
Un deles, de magnitude 3,4, e con epicentro a 0 quilómetros de profundidade en Ogíjares, rexistrouse ás 22.35 horas do martes, e con el pechaban unha xornada na que un primeiro sismo de 4,8 levaba á intranquilidade á poboción gradanadina, e deixaba cando menos tres feridos leves.
Xa pasada a medianoite, seis réplicas máis seguiron movendo a terra baixo os pes dos veciños desta provincia andaluza, o maior deles de magnitude 2,58.
A Xunta de Andalucía mantén activa a fase de preemerxencia do Plan ante o risco sísmico na provincia de Granada desde o terremoto de intensidade 5 rexistrado ás 1:04 horas da madrugada do sábado e con epicentro en Alhendín.
A Alhambra reabre sen a Alcazaba tras o peche polos terremotos
A Alhambra reabre este mércores ao público con todo o seu percorrido habitual salvo o paso pola Alcazaba e cos itinerarios polos Palacios Nazaríes e o Generalife adaptados para garantir a seguridade dos visitantes.
O Padroado da Alhambra e o Generalife informou nun comunicado de que o conxunto monumental, historicamente o máis visitado de España, reabre este mércores ao público, aínda que a Alcazaba permanecerá pechada ata novo aviso.
O horario de visita será o habitual, de 8.30 a 20.00 horas.
Co obxectivo de garantir a seguridade dos visitantes ante posibles réplicas sísmicas, establecéronse percorridos adaptados que facilitan unha evacuación áxil en caso necesario.